O SNL do Concello da Baña invitou a Manuel Dourado para que compartise os seus coñecementos periodísticos co alumnado do CPI San Vicente o día 24 de marzo.
O periodista e escritor, colaborador habitual de Galicia Hoxe, comentou os distintos medios de comunicación escrita actuais, explicou as distintas partes de que consta un xornal, relatou a súa experiencia como director dunha revista escolar, centrouse en como elaborar unha columna de opinión para finalmente propoñerlle ao alumnado que elaborasen eles mesmos unha noticia a partir de 20 palabras que lles ofreceu. E todo isto acompañado dunha manchea de consellos para chegar a ser un bo xornalista.