NOVONEYRA DESDE A BAÑA

O Concello da Baña a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración co Colexio Público Integrado (CPI) San Vicente e coa Escola de Educación Infantil (EEI) de Lañas celebrará a conmemoración do Día das Letras Galegas do 13 ao 28 de maio.

Esta celebración comezará o xoves 13 cunha Ruta literaria polos lugares de Vilarnovo, Canlís, Fampousa, O Castro, Salvande, Xasoso e A Castiñeira na que participarán o alumnado e o profesorado do CPI San Vicente. O SNL aproveitará esta actividade para gravar o alumnado mentres recitan estrofas en cada un dos lugares mencionados.

Máis tarde, a partir do día 19, a conmemoración continuará na Casa de Cultura do Concello da Baña en horario de tarde (17.00-20.00 h), de luns a venres cunha exposición de ilustracións de poemas de Novoneyra que realizaron os alumnos e as alumnas do CPI San Vicente e os da EEI de Lañas. Xunto coa exposición haberá outras actividades para que os/as visitantes poidan interactuar coa vida e a obra do autor homenaxeado.

Algunhas das actividades que se van desenvolver xunto coa exposición son as seguintes:

1. Proxección da lectura de poemas de Novoneyra polo alumnado do CPI San Vicente e da EEI de Lañas.

2. Proxección dun documental sobre Novoneyra.

3. Partidas de memoria coas ilustracións dos nenos e das nenas.

4. Ofrécelle o teu autógrafo a Novoneyra.

5. Ordena cronoloxicamente un álbum de imaxes de Novoneyra.

6. Xoga co crebacabezas-poema.

7. Actuación do coro Grupo de Amigos da Baña o día 24 ás 19.00 h na Casa de Cultura.

 

Galería de imaxes da exposición.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.