Xa veñen os Reis Magos!

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña, en colaboración co SNL do Concello de Rois, ofreceulles ao CPI San Vicente e á EEI de Lañas a unidade didáctica Xa veñen os Reis Magos! que inclúe dous modelos de cartas (unha para infantil e outra para primaria) para enviárllelas ás súas maxestades.

O SNL da Baña tamén mandou , xunto coa unidade didáctica, a guía Agasallo. Propostas de regalos en galego que editou a Área de Normalización Lingüística da Deputación en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua na que se propoñen arredor de 250 ideas de regalos en galego para o tempo de Nadal.

Para recoller as cartas dos nenos e das nenas, os Reis Magos teñen previsto enviar un dos seus paxes o 22 de xaneiro ás 12.30 h na EEI de Lañas e ás 13.30 no CPI San Vicente.

O paxe real conta con que os nenos e as nenas da Baña lle canten algunha panxoliña en galego tal como se propuxo na unidade didáctica e con que lle entreguen as súas cartas; a cambio o paxe outorgaralles uns caramelos como agasallo.

Carta aos Reis Magos (infantil)

Carta aos Reis Magos (primaria)

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.