Club de Lectura Barcala en Galego

Persoas destinatarias

Todas aquelas persoas con ganas de ler, facer amigos e falar en galego coa escusa dunha lectura interesante.

Obxectivos

  1. Fomentar o hábito da lectura e o diálogo en galego.
  2. Compartir a lectura individual con outras persoas.
  3. Enriquecer a impresión inicial que cada quen saca lendo en solitario.
  4. Promover o uso da biblioteca municipal.
  5. Ofertar unha actividade para o tempo de lecer.

Funcionamento

  1. As persoas participantes lerán ao mesmo tempo na súa casa un libro escrito ou traducido ao galego.
  2. Unha vez ao mes haberá unha reunión para comentar o libro: estilo literario, personaxes, acción, tema…
  3. Calquera das persoas participantes pode asistir ás reunións aínda que non rematase de ler o libro.
  4. Ninguén dos/as integrantes do club está obrigado/a a intervir forzosamente nos debates nin a ler en voz alta nas sesións.
  5. Os/As membros do club non teñen ningunha obriga de mercar libros nin de pagar cota por pertencer ao club.
  6. O club contará cun coordinador ou cunha coordinadora que moderará as reunións entre outras funcións.
  7. Sempre que se poida, o club aproveitará para ver películas baseadas nas obras de lectura e para programar actividades complementarias.

Horario e localización

As reunións realizaranse na sala de lectura da Biblioteca Municipal os mércores de 16.00 a 17.00 h.

A primeira sesión terá lugar o próximo día  2 de febreiro de 2011.

Participación

Quen estea interesado/a pode inscribirse na casa do concello, no Servizo de Normalización Lingüística, en horario de atención ao público (de 9.00 a 14.00 h), no teléfono do concello 981 886 501 ou enviar un correo electrónico ao enderezo snl.abana@gmail.com.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.