Autor: | Agustín Fernández Paz |
Título: | Cartas de inverno |
Data de lectura: | febreiro de 2011 |
Resumo: | “Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xavier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xavier a acudir na súa axuda.” (Edicións Xerais de Galicia) |
As persoas participantes na primeira reunión do Club de Lectura A Baña en Galego decidiron escoller como libro para este mes Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.
Na próxima sesión que será o 2 de marzo de 2011 en horario de 16.00 a 17.00 h na biblioteca da casa da cultura compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a seguinte lectura.
Todas aquelas persoas que non participaron na primeira sesión e que estean interesadas en colaborar nas seguintes poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña.