Velaí algúns dos ditos de mamás

 

Xa están expostos algúns dos ditos de mamás que recolleu o alumnado do CPI San Vicente na entrada do centro co fin de recuperalos, mantelos e difundilos.

É mellor perdervos que encontrarvos (Melania)

Ti sigue así eh! Ti non cambies! (Jany)

Meu corazonciño! Vaime por unhas patacas para a tortilla! (Samuel)

Cando saias ten coidado cos coches, levas o móbil? levas cartos? levas as chaves? (Fernando)

Non vaias por mal camiño (María)

Cando teñas traballo, pódeste dar cun cántaro no peito (Melissa)

Ou apagas o ordenador ou apágocho eu (Armando)

Sae da miña vista (Anxo)

Fai o café (Eros)

Miña turiteira! Lávasme a louza? (Nuria)

Asegún come o burro así caga o cu (Alex)

A min non me veñas chorando despois (Lidia)

Non te fíes de todo o mundo que se acerque a ti (Sharon)

Quieto Billy, a dónde vas ti tan rápido? (Lucía)

Se fai 16 anos estivera quieta ahora aforraba disgustos (Daniela)

Cu sentado non fai mandado (Lorena)

Se cando te tiven a ti tivera un porco polo menos mantíñao (Lorena)

Non traballes tanto que o corpo querese pa mais dun día ( Adrián)

Ida sin volta (Dounia)

Non traballes tanto ou quedará pequeno (Diego)

Amarra os cabalos oohh! (Noel)

Podes conseguir todo o que soñes (Andrea)

Deixa andar o can ca roca que o tempo pon a todo o mundo no seu sitio (Noelia)

Se non queres estudiar nin traballar non sei de que vas vivir (Rubén)

Eres fillo do demo (David)

Non me tires da lingua (Adrián M. G.)

Cala e non me fagas falar (Mario)

Pasa estudiar dunha vez (Alberto)

Cala a boca oh, que xa falaches moito (Victoria)

Non te quedes aí parado, fai algo polo amor de Dios (Victoria)

Non tes parada (Fran)

Eres como un abellón andas chinchando en todo (Gemma)

Sal de aquí e vaille a quentar a cabeza noutro (Gemma)

Ti o único que fas ben e non facer nada (Carlos Paredes)

Sácate de ahí que non teño a cabeza para contos (Ainhoa)

Non lle contestes a túa abuela ou cando seamos vellos vasnos facer igual (Elier)

Dime con quen andas e direiche quen eres!!(Oscar)

Ti comeches alpiste ou que comeches (Celena)

Cólleme sentidiño ( Eva)

Con tanto pasmar parece que estás esperando o Espírito Santo ( Iván)

Como caias por encima douche eu ( Borja)

Calquer día perdes a cabeza (Olaya)

Traballar non é traballo, traballo é aguantarte (Fran)

Todos os paus que non levaches de cativos levádeos ahora (Xoel)

Acabaches de fender na leña!!! (Miguel)

Que bo es cando dormes (Brais)

Acabaches todo o que tiñas que facer? (Jorge)

Cada trimestre quédache unha mais (Elias)

Vai facer algo pola patria! (Rosy)

Non andes pintando o parvo eh! Que teño xente en todos lados! (Nuria)

Miña pequeniña quedou mais fresca ca unha leituga (Lucia Junquera)

De pequena eras un peluchiño pero ahora eres un oso (Carlos)

Canto mais vas peor eres (José Manuel)

Quen desexe participar pode enviar o seu dito a través do blog do SNL (snl.concellodeabana.es) ao que se pode acceder a través da páxina web do Concello (www.concellodeabana.es).

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.