1º A
Cando pasedes traédeme café, que co frío que vai quédome de pé. ( Estefanía Parajó)
Son escritor, ninguén é perfecto. ( Fabián Ramos)
Lois, sempre te recordamos polo que fixeches e sempre te botamos de menos. ( Bertín Paredes)
Desde aquí non se me ocorre ningunha fuga (Álvaro Fajín)
A última palabra, a dor, nada é o mesmo.Estráñote. Máis que palabras,amor sen barreiras. (Carla Rial)
Por favor, non molestedes. (Samuel Gorgal)
Galicia non sabe o que perdeu cando te fuches. ( Paula Castro)
Morrín novo. Poucos anos vivín . E agora estou deitado mentres ti estás de pé. (Nerea Mayo).
1º B
Cada palabra unha ilusión,cada letra unha emoción. Unha lingua, un gran escritor. (Nuria)
Pouca vida, moito éxito. (Melania)
Unha gran cultura que nos arrebatou a colza. (Fernando)
Mereciches máis do que tiveches. (Anxo Veiga)
Co importante que es ti para nós e morriches por comer unha tortilla. ( Anxo Veiga)
Que pequeño se ve todo desde aquí ( Eros Cancela).
Lois Pereiro, gran home, gran escritor ( Jany)
Os que te queremos lembrámoste, oxalá sexas feliz. ( Samuel)
Vémonos máis adiante. ( Manuel)
Lembrarémoste sempre e levarémoste no fondo dos nosos corazóns. (Melissa)
Non fuches moi agrazado, pero sempre serás recordado. ( María)
2º A
Cúspeme na miña tumba e saberei que me queres de corazón. ( Fran Allo)
Cando pasedes por diante da miña tumba recordade que sempre estarei convosco e coa poesía. (Borja Calvo)
A colza matoume, pero un sinal teu farame vivir no teu corazón ( Jorge García)
Pensa en min cando pases pola miña tumba e revivirei no teu corazón ( Elías García)
O teu corpo foise , a túa alma queda no recordo dos teus versos. ( Eva Iglesias)
Morre o corpo, muda a vida, persiste a túa poesía. ( Lucía Junquera)
Fuches cambiando os argumentos dos teus soños e agora nós cambiamos os nosos para verte a ti. (Olaya Martínez)
Maltrataredes a Galiza, pero ela nunca vos maltratará. (Iván Mata)
Ti morreches, pero o teu espírito da poesía queda con nós. ( Brais Paredes)
A túa morte trouxo unha desgraza máis á vida. (Rosana Rey)
Cando pases pola miña tumba mírame ben para que te acordes de min. (Manuel Rodríguez)
Aínda que ti morreras, a túa poesía queda con nós. ( Nuria Rodríguez)
Cando pasedes pola miña tumba cuspídeme e saberei o importante que fun para vós. ( Miguel Salvante)
Esnaquizaches os soños de tanta xente que te quería. (Óscar Salvante)
En cada verso dun poema agóchase unha mensaxe: estando vivo ou morto seguirevos querendo moito. ( Celena Delgado)
A gadaña enferruxada non matou a súa poesía . ( Carlos Sande)
3º A
Cando pases por onda min lémbrate de min coma persoa, non coma poeta. (Alberto)
Estou descansando na gloria (Victoria Barbeira)
Cando me vexas saúdame, porque sei que me levas no corazón. ( Martín Cantorna)
Non choredes por min, que a miña alma aínda segue aí. ( Gemma)
Se de verdade me queres, peta a porta. ( Marcos)
Non nacín para vivir, pero morrín para vivir. ( Coraima)
Cando me precises xa sabedes onde estou. ( Fran)
Cada palabra vosa éncheme o corazón, así que falade. (Noelia)
Espérote aquí abaixo, non te preocupes que non me movo ( Jorge)
Cando te cruces comigo, bótalle auga ás miñas flores ( Elier)
Unha palabra vosa sacaráme da soidade ( Mario)
Estarei con todos vós sempre, así que non vos sintades sós. ( Adrián)
Cando queiras imos tomar café. ( Carlos )
Non te enfades que me rompes o corazón. ( Brais)
Cando pasedes por aquí acordádevos de que existín. ( David)
Petádeme á porta cando pasedes por aquí , para que saiba que vos acordades de min. (Rubén)
Se pasas ao meu lado saúdame ( Kevin)
Aquí, baixo terra, non é como estar na superficie, pero pásase igual de ben . (Ainhoa)
4º A
Perdoade se non vos saúdo . ( Sharon Sueiro)
Recordádeme polos meus méritos, non polos meus logros. (Lidia Paramos)
Recordádeme tal e como fun, non polo que vos gustaría que fose. (Lucía Freire)
Querédeme polo que fun, non polo que son agora . ( Daniela Nieto)
Traédeme un pitillo, que agora de morto non mata. ( Adrián Suárez)
Perdón por non poder falar con vós. (Diego Gil)
Se vou para o inferno chámovos, se vou para o inferno non volvo. (Noel Cives)
Poeta e artista, admirador e admirado, lembrade os seus poemas, non as mordeduras que a dor cravou na súa alma. ( Andrea Quintáns)
Recordade o moito que vos quería. (Dounia Haliqui)
Sempre con vós, sempre na vosa memoria. (Lorena Trillo)
A miña aventura rematou, lembrádevos de min como eu me lembrei de vós) Alejandro Otero.