Anuncio de curso de lingua galega (Celga 3)

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña vai organizar un curso de lingua galega (Celga 3) para persoas adultas de acordo coa Orde do 4 de xaneiro de 2012 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2012 (ED104B) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Inscrición

Todas as persoas interesadas poden inscribirse e informarse nos teléfonos do Concello 981 886 501 e 607 153 604 no SNL ou a través do correo electrónico snl.abana@gmail.com antes do 27 de xaneiro en horario de oficina.

Admisión e prazas

O curso ten un límite de 30 prazas.

As solicitudes serán admitidas por orde de inscrición.

Para poder solicitar o curso, é necesario un mínimo de 20 persoas preinscritas.

Esta entrada fue publicada en Formación. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.