Autor: | Kressmann Taylor |
Título: | Enderezo descoñecido |
Data de lectura: | Febreiro de 2012 |
Resumo: | “Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeo estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Publicada nos EE. UU en 1938, pronto acadou vendas espectaculares e foi considerada unha obra perfecta. Tras a súa reedición en 1995, chegou ás mans do editor francés Henri Dougier, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a obra foi traducida ás principais linguas de Europa.Enderezo descoñecido representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.”
(Edicións Xerais de Galicia) |
Na próxima sesión que será o 7 de marzo de 2012 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).