Quedaron como gañadoras do concurso de periodismo Correspondentes desde A Baña realizado en conxunto entre o CPI San Vicente e o SNL do Concello da Baña:
Andrea Vilas Forján con “A evolución da emigración na miña aldea”
Eva Iglesias con “Flora Calviño, unha escrava do traballo”
Noelia Castro Vales con “Para que serve unha bañeira?”
Este é o texto gañador, asínao Andrea Vilas, e di así:
A evolución da emigración na miña aldea
Vivo nunha pequena aldea de Ordoeste que se chama Paraxó. Somos aproximadamente unhas dez casas habitadas e logo hai outras nas que xa non vive ninguén. Fai uns días na miña casa, unhas veciñas comezaron a falar da xente que tivo que emigrar, e decataeime de que en case todas as casas , máis ben en todas , había xente que tivera que ir traballar a outro país para poder gañar cartos.
Outra cousa que me chamou moito a atención é, que parece que a emigración ía por etapas. Primeiro houbo a etapa dos bisavós que xeralmente emigraban para América, sobre todo ían a Cuba, Brasil, Venezuela,Tampa e Bos Aires. Logo veu a etapa dos avós que emigraban máis a países europeos como Suíza ou Gran Bretaña. Os de agora os nosos pais, tíos etc. tamén emigran, pero non saen de España, van as Illas Canarias , País Vasco, Barcelona etc.
Eu ás veces pregúntome se teremos que emigrar nós? Ou se emigramos para onde iremos? E, tamén me pregunto se chegará a época na que haxa traballo cerca da túa casa e non teñas que emigrar.