Maimiños

Este ano, Preescolar na Casa non vai ofertar as xuntanzas de familias. Dado que era unha actividade que tiña moita aceptación neste concello, o Concello da Baña pensa ofrecer unha alternativa co programa Maimiños dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 3 anos e ás súas familias.

Este programa ten como obxectivos compartir un espazo de relación, adquirir coñecementos sobre o desenvolvemento infantil, interrelacionar as distintas xeracións da familia, fomentar o interese pola lectura, transmitir xogos tradicionais, favorecer a socialización das crianzas e, sobre todo, gozar en convivencia.

As sesións de Maimiños realizaranse, a partir do 6 de novembro, todos os martes, primeiros e terceiros de mes, en horario de 17.00 h a 18.30 h, na casa de cultura (Rúa das Dores, San Vicenzo).

Todas aquelas familias que estean interesadas en participar poden anotarse no teléfonos 981 817 605 (Patricia) / 981 886 501 (Carme) / 607 153 604 preferentemente antes do 30 de outubro.

Calquera membro da familia (pai, nai, avó, avoa, tío, tía…) pode acompañar os nenos e as nenas ás sesións de Maimiños co fin de enriquecer a comunicación familiar.

Esta entrada fue publicada en Destacados, Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.