Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego

A mostra Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego, que conmemora o cincuenta aniversario deste libro, permanecerá aberta no concello da Baña desde o 24 de xaneiro en horario de 16.00 a 20.00 h de martes a sábado. Esta iniciativa de Política Lingüística vai ser inaugurada polo autor da obra Xosé Neira Vilas, polo secretario xeral de Política Lingüística Valentín García, polo alcalde da Baña José Andrés García Cardeso e por outras autoridades, o xoves, 14 de febreiro, ás 11.30 h.

A continuación, o alumnado de secundaria e de terceiro ciclo de primaria do CPI San Vicente da Baña participará nun coloquio con Neira Vilas que xirará en torno á súa obra e principalmente a Memorias dun neno labrego. A este coloquio vaise sumar o Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra e tamén todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man a figura e a obra do citado autor.

CARTEL_QUERIDO_BALBINO

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.