Encontro con Manuel Iglesias Turnes

O Club de Lectura Barcala en Galego organiza un encontro con Manuel Iglesias Turnes, autor bañense, para o martes, 16 de abril, ás 17.30 h, na casa de cultura do Concello da Baña.

O autor falará acerca da súa primeira novela As rapazas de Xan que está ambientada na aldea de Cabanelas durante os anos da posguerra e que “describe o complexo tecido de relacións que compoñen a vida dunha aldea marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo”.

Están convidadas a participar neste encontro todas as persoas que estean interesadas na obra e en conversar co autor no coloquio que haberá despois da presentación.

ENCONTRO CON MANUEL IGLESIAS TURNES

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.