Sesión 25 do Club de Lectura Barcala en Galego

As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego reuniranse o próximo 4 de xuño de 2013, en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura para comentar os libros do autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño, Rastros, Días sen gloria, Touporroutou… e para escoller a/s lectura/s para o próximo mes.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.