Sesión 28 do Club de Lectura Barcala en Galego

As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego reuniranse o próximo 17 de decembro de 2013, en horario de 16.00 a 17.00 h, na casa de cultura, para comentar o libro Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño e para escoller a/s lectura/s para o próximo mes.

Autora: Begoña Caamaño
Título: Morgana en Esmelle
Data de lectura:  Novembro de 2013
Comentario: “A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. A medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. A lembranza dos tempos idos descobre as razóns da ruína de Ávalon e da caída de Camelot. En Morgana en Esmelle, Begoña Caamaño (Vigo, 1964) fai unha reflexión ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos, sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos. Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.”

(Editorial Galaxia)

Ademais, no noso club continuaremos lendo nas próximas sesións poemas do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro con motivo de celebrar o 150 aniversario da súa publicación.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.