Inscrición nos cursos preparatorios Celga 2014

Xa está á disposición das persoas interesadas en participar nos cursos preparatorios das probas Celga 2014, no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega), a listaxe de cursos que se impartirán na provincia da Coruña a partir do próximo día 1 de abril entre os que se atopa o que lle corresponde ao Concello da Baña e de Negreira.

Código: CL4201415056022

Lugar: IES Xulián Magariños

Rúa: Castelao s/n

Data de comezo: 1 de abril

Data de remate: 28 de maio

Horario: 19.00-21.00 h

Días: de luns a venres

Todas as persoas que desexen formalizar a súa matrícula no curso da súa preferencia ata o 30 de marzo de 2014 inclusive poden facelo dirixíndose ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística por correo electrónico sxpl.acoruna@xunta.es (teléfono de información 981 184 898).

Deberán indicar:

- O nome e os apelidos

- O NIF

- O enderezo electrónico e o teléfono de contacto- O curso ao que desexa asistir (nivel, centro e localidade)

inscricion_cursos_Celga_2014

Esta entrada fue publicada en Formación. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.