Pasa palabras na nosa lingua

Ver o vídeo do Pasa palabra

Pasa palabra é unha proposta normalizadora e dinamizadora da lingua do Servizo de Normalización Lingüística que comeza coa colaboración da Escola de Educación Infantil de Lañas da Baña e que pretende continuar con outros colectivos da contorna. Nesta ocasión, o alumnado invita a toda a cidadanía a que continúe pasando as nosas palabras tal como fan eles e elas, sementes de futuro para a lingua. É esta unha proposta iniciada desde a poboación máis nova á que poden sumarse todos e todas os/as pasadores/as das nosas palabras.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.