Sesión 30 do Club de lectura Barcala en galego

Autora: M. Lourenzo González
Título: Irmán do vento
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Data de lectura:

marzo de 2015

Comentario: “Son Koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo.”

Irmán do vento é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narracción da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e a esperanza”

Premio Merlín 2003

Edicións Xerais de Galicia

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden contactar co SNL a través dos teléfonos 607 153 604 / 981 886 501 ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.