Despois de conseguir o primeiro premio na fase de zona en Ferrol, o IES Xulián Magariños acada o segundo posto na final do Club de debate en Carballo, o pasado domingo, 26 de abril. Nesta final debateron centros do Carballiño, Carballo, Negreira, Padrón, Pontevedra e Rois o tema Herdamos o galego, temos que transmitilo.
Todos os equipos conseguiron emocionar as persoas asistentes coas súa argumentacións e sobre todo co seu entusiasmo. O equipo do Carballiño resultou o gañador.