Curso 2015/16 de Maimiños e Furabolos

O Concello da Baña continúa ofrecendo o programa Maimiños e Furabolos dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 6 anos e ás súas familias. Esta actividade coincide co curso escolar, por iso vai comezar o próximo 2 de outubro; ata daquela, pódense inscribir todas as familias interesadas nos teléfonos 608 819 741, 981 817 605, no despacho da educadora familiar (casa da cultura de San Vicenzo) ou no teléfono 607 153 604 (Carme), nas oficinas xerais da casa do concello.

As sesións de Maimiños e Furabolos realizaranse todos os venres, primeiros e terceiros de mes, en horario de 17.00 h a 19.00 h, no Punto de Atención á Infancia en San Mamede de Monte.

Este programa ten como obxectivos compartir un espazo de relación en galego, favorecer a socialización das crianzas, adquirir e compartir coñecementos sobre o desenvolvemento infantil, interrelacionar as distintas xeracións da familia en galego, fomentar o interese pola lectura, transmitir xogos tradicionais, favorecer as relacións de respecto entre os/as participantes, evitando discriminacións por razóns de xénero, culturais, de raza…, fomentar valores de tolerancia, respecto, xustiza e igualdade, e, sobre todo, gozar en convivencia.

Calquera membro da familia (pai, nai, irmán, irmá, avó, avoa, tío, tía…) pode acompañar os nenos e as nenas ás sesións de Maimiños e Furabolos co fin de enriquecer a comunicación familiar.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario