A cantar con María Fumaça

Chega á comarca de Barcala un proxecto musical, A cantar con María Fumaça, no que participa Uxía acompañada ao acordeón de Santiago Cribeiro e á guitarra e voz de Héctor Lorenzo. Durante 60 minutos as familias barcalesas poderán gozar de boa música con alegría e ilusión, o próximo sábado, 9 de xaneiro, ás 18.00 horas, no centro sociocultural de Negreira.

Uxía, Santiago, Héctor e Carme, membros da familia María Fumaça, conseguiron enfeitizar coa música, a simpatía, a coreografía… a todo o público entregado que enchía o auditorio do centro sociocultural. Foi esta a última parada da temporada desta locomotora especial que conseguiu transmitir toda a súa alegría de vivir.

Ao espectáculo tamén asistiu a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin, que aproveitou a ocasión para saudar os membros da corporación municipal de Negreira que presenciaron e participaron nesta festa musical.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario