Verbas marabillosas

Os centros de ensino da comarca teñen a posibilidade de participar na actividade Verbas marabillosas que ofertan os concellos da Baña e de Negreira, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.

A actividade consistirá en elaborar e deseñar textos breves atractivos, con mensaxes positivas de amor, acompañados ou non dun debuxo alusivo, para agasallar as persoas queridas. Os textos poden ser citas de autores famosos, cantigas, etc. ou de creación propia.

As creacións hai que envialas ao correo snl.abana@gmail.com gardadas en formato .jpg ou similar. Os centros escollerán as mellores e destas, os concellos elaborarán adhesivos que repartirán entre todo o alumnado participante e tamén as difundirán a través deste blog.

En canto á periodización, as creacións elaboraranse durante o mes de febreiro.

Os obxectivos que pretende son fomentar o uso do galego entre o alumnado, favorecer a imaxinación e a creatividade en galego e conmemorar febreiro como mes dos paxariños e do amor.

Os centros participantes deberán enviar as súas creacións antes do 29 de febreiro, inclusive. Ata este momento, teñen confirmada a súa participación o IES Xulián Magariños e as escolas infantís de Aro e de Lañas.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario