O IES Xulián Magariños, primeiro premio do Club de debate

Finalmente foi o Grupo 1 do IES Xulián Magariños quen acadou o primeiro premio do Club de debate que se celebrou o venres, 8 de abril, na casa de cultura do Concello de Negreira. O segundo premio recaeu en Os Miudiños do IES Plurilingüe de Ames; xunto con estes dous grupos tamén participaron o Grupo 2 do IES Xulián Magariños, Nexos e Alibabá e os nove ladróns do IES Plurilingüe de Ames e o IES MIlladoiro.

Todos estes grupos foron os gañadores, que non os premiados, da fase de Zona dos concellos de Ames, Negreira e Teo. A fase final terá lugar en Pontevedra o próximo 30 de abril. En Pontevedra competirán os grupos gañadores das distintas fases de zona de toda Galicia.

Moitas grazas ao IES Xulián Magariños pola súa dedicación e participación, ao Concello de Negreira pola súa implicación neste proxecto, ao persoal do Concello de Negreira que axudou na preparación deste evento, ao xurado que lles dedicou toda unha xornada de traballo (especialmente á súa presidenta Olalla Liñares), ao público por asistir e aos grupos participantes polo seu civismo e por facernos gozar dun día de debate en galego.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario