Convocatoria de probas para obter os certificados dos Celga 1, 2, 3 e 4

O Diario Oficial de Galicia publicou o xoves, 18 de agosto, a Resolución do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).

O prazo de inscrición destes exames está aberto desde o 19 de agosto ata o 19 de setembro. Canda a publicación das listaxes de persoas admitidas definitivas, comunicarase o lugar ou lugares onde se realizarán os exames.

As probas realizaranse nas fins de semana do 5 e 6 (Celga 4 e Celga 2, respectivamente) e do 12 e 13 de novembro (Celga 3 e Celga 1, respectivamente) en Santiago de Compostela e en Ponferrada. A convocatoria completa pódese consultar no Diario Oficial de Galicia do 18.08.2016 e no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

Esta entrada fue publicada en Formación. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario