A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca as probas para obter os certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017.
As probas realizaranse o 10 de xuño (Celga 4), o 11 de xuño (Celga 2), o 17 de xuño (Celga 3) e o 18 de xuño (Celga 1).
Todas as persoas interesadas dispoñen dun prazo dun mes que hai que contar a partir do día seguinte ao da súa publicación para presentar as solicitudes.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170404/AnuncioG0164-290317-0001_gl.pdf