Contacontos de Trinketrinke en Negreira

A gran Lilí Gruyére, artista e ratiña de biblioteca, e o seu amigo o rato Fuco chegan desde a súa aldea (Lonxedetodo) para reflexionaren sobre a guerra e as súas causas e van realizar, coa colaboración dos nenos e nenas, un experimento moi interesante, sobre a resolución pacífica de conflitos. Os contos e as cancións de hoxe, están relacionados con este tema. Sesión de educación para a paz.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario