Aplausos mil especialmente para todos os nenos e nenas que participaron contando o seu conto diante de todas as familias. Elas e eles si que son especiais contadores e contadoras de contos!! E moitas grazas ás persoas adultas que desinteresadamente quixeron regalar o seu tempo, as súas palabras e a súa interpretación de relatos para a infancia.
Despois dos contos compartidos…
Luis Vallecillo conseguiu que todo o público participase ao son da súa guitarra cantando contos.