Final do Club de debate 2018

O IES Xulián Magariños de Negreira xunto co IES Luís Seoane de Pontevedra, co CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro e co IES de Bertamiráns participou na fase final do Club de debate en Ferrol o pasado sábado, 5 de maio de 2018. Toda esta mocidade pasou o día a debater sobre se “As TIC favorecen o uso do galego”. Os equipos mantiveron un bo nivel e o xurado tívoo moi difícil para puntuar. Finalmente, o primeiro premio foi para o IES de Bertamiráns e o segundo para o IES Xulián Magariños.

Parabéns para todo este alumnado participante que é un exemplo de reflexión e intercambio de opinións en galego!!

Esta entrada fue publicada en Destacados, Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario