Musicreques na Escola Infantil Municipal de Negreira

O pasado 12 de xuño de 2018, Musicreques presentou o seu espectáculo Contacontos musicais na Escola Infantil Municipal de Negreira. Foi unha actividade englobada dentro do programa Ler conta moito; por iso,  estivo presente a biblioteca móbil para que o alumnado da escola puidese coñecer e/ou gozar cun feixe de libros en galego.

O SNL colaborou na xestión deste espectáculo, que foi unha mestura de narración oral con cancións, efectos musicais, manipulación de obxectos, rimas, monicreques e ilustración e que lle permitiu ao alumnado escoitar en galego contos adaptados á súa idade.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario