Club de Lectura Barcala en Galego

Persoas destinatarias

Todas aquelas persoas con ganas de ler, facer amigos e falar en galego coa escusa dunha lectura interesante.

Obxectivos

  1. Fomentar o hábito da lectura e o diálogo en galego.
  2. Compartir a lectura individual con outras persoas.
  3. Enriquecer a impresión inicial que cada quen saca lendo en solitario.
  4. Promover o uso da biblioteca municipal.
  5. Ofertar unha actividade para o tempo de lecer.

Funcionamento

  1. As persoas participantes lerán ao mesmo tempo na súa casa un libro escrito ou traducido ao galego.
  2. Unha vez ao mes haberá unha reunión para comentar o libro: estilo literario, personaxes, acción, tema…
  3. Calquera das persoas participantes pode asistir ás reunións aínda que non rematase de ler o libro.
  4. Ninguén dos/as integrantes do club está obrigado/a a intervir forzosamente nos debates nin a ler en voz alta nas sesións.
  5. Os/As membros do club non teñen ningunha obriga de mercar libros nin de pagar cota por pertencer ao club.
  6. O club contará cun coordinador ou cunha coordinadora que moderará as reunións entre outras funcións.
  7. Sempre que se poida, o club invitará o/a autor/a do libro escollido para comentalo en conxunto.

Participación

Quen estea interesado/a pode inscribirse no teléfono 607 153 604.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario