A Baña na Asociación de Entidades Locais pola Lingua

O venres, 15 de febreiro de 2019, quedou constituída, nunha asemblea celebrada no Pazo de Raxoi, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua. Trátase dunha entidade que ten como obxectivo desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma.

Un total de quince concellos de toda Galicia estiveron representados na xuntanza, a través dos seus alcaldes e alcaldesas, de concelleiros e concelleiras, e de persoal técnico dos servizos de normalización. Participaron representantes da Baña, Ames, A Coruña, Teo, Ribadeo, Ferrol, Narón, Ponteceso, O Grove, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Vilagarcía, Santiago de Compostela e Rois.

Os integrantes son concellos que xa veñen colaborando en proxectos como o Apego, o certame Youtubeir@s ou o Club de Debate. O obxectivo da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega será promover a colaboración entre as distintas institucións para lograr unha xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos en materia de lingua.

Nesta asemblea acordouse que a presidencia da Asociación recaese en Rianxo, a vicepresidencia no Concello do Grove, Pontevedra ocupará a secretaría e Ames a tesourería. Ademais, Narón, Rois e Santiago serán ocuparán as tres vogalías da entidade.

Esta entrada fue publicada en Destacados, Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario