Negreira na xornada de formación do Club de Debate en Rianxo

O IES Xulián Magariños de Negreira participou xunto co alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo e co do CPI Lourenzo Baleirón de Dodro nunha xornada de formación do Club de Debate que tivo lugar o 11 de febreiro en Rianxo.

Para realizar esta formación, en primeiro lugar, dividiuse o alumnado en tres grupos, atendendo a que cada un deles estivese formado por alumnado das tres localidades participantes. A continuación cada grupo rotou polos tres espazos dedicados a cadanseu bloque de contidos:

  • regulamento e dinámica do certame
  • procura de información e construción do argumentario
  • habilidades comunicativas

En rematando todas as rotacións os equipos reuníronse para realizar un ensaio coa escenificación dun debate cuxo tema era “Hai que darlle máis autoridade ao profesorado”.

O auditorio de Negreira albergará unha das tres fases de zona do Club de debate previas á gran final de 2019. Será o venres día 5 de abril, nas instalacións do centro sociocultural, e coa participación dun equipo do instituto Xulián Magariños, en representación do Concello de Negreira, e mais de centros educativos de Rianxo, Dodro,  Ferrol e Oleiros. Nesta fase decidirase os equipos que se clasifican para a gran final.

¨Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación¨, é a temática escollida polos centros de ensino participantes na fase de zona de Negreira.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario