Fase de zona do Club de Debate en Negreira

O Concello de Negreira vai acoller a fase de zona do Club de Debate promovido polos SNL dos concellos o próximo venres, 5 de abril, en horario de mañá e tarde no auditorio do centro sociocultural. Nel vai participar un grupo do IES Xulián Magariños que intervirá no debate núm. 1, ás 10.00 h coa postura en contra e no núm. 6, ás 16.40 h coa postura a favor do tema “Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación”.

A asistencia aos debates é gratuíta ata completar a capacidade do local.

http://concellodenegreira.gal/index.php/gl/novas/nova/1470-fase-de-zona-do-club-de-debate

Parabéns ao equipo do IES Xulián Magariños por pasar á fase final do Club de Debate que terá lugar en Pontevedra o 11 de maio; alí, terán que defender o tema “Falamos a lingua que escollemos”.

http://concellodenegreira.gal/index.php/gl/novas/nova/1479-negreira-pasou-a-gran-final-do-club-de-debate

Esta entrada fue publicada en Destacados, Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario