Festa de Apego 2019

Este ano 2019 tocoulle á Baña acoller a Festa do Apego. Familias de Negreira e da Baña, principalmente con nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 6 anos, achegáronse ata a área recreativa de Chans para divertirse cos obradoiros de Garabato de Xogos, rir co espectáculo de O circo de Peter e pasalo ben coa actuación musical, teatral e de palabras Puño puñete de Baobab Teatro. E todo isto nun enclave especial para a cativada onde tamén puido aproveitar para o xogo libre no parque da área recreativa.

Que viva a Festa de Apego na comarca de Barcala!

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario