Remata a edición 2020 do Club de Debate

Os SNL dos concellos que promoven o Club de Debate, entre os que se atopa o do Agrupamento A Baña-Negreira, dan  por rematado o Club de Debate este ano dado que non vai ser posible cumprir co calendario previsto debido ao estado de alarma xerado polo coronavirus. Ademais agradecen a participación dos centros e esperan a súa implicación  no Club de Debate do vindeiro curso.

No noso caso, parabéns aos equipos que participaron do IES Xulián Magariños de Negreira en Outes; seguro que o equipo que acadou o segundo premio demostraría na fase final que ía ter lugar en Santiago de Compostela que o alumnado de Negreira aínda ten moito que dicir.

Vémonos para o curso que vén!

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario