Letras Galegas con Mamá Cabra en Negreira

O Concello de Negreira comezou a programación especial das #LetrasGalegas 2020 dedicadas aoescritor Ricardo Carvalho Calero con este #concerto a dúo, en liña, do grupo de música infantil Mamá Cabra, cun espectáculo musical divertido e que á vez, incorpora valores didácticos, como a adquisición de hábitos saudables, o desenvolvemento das capacidades psicomotrices a través do baile e os movementos coordinados, que dotan a Mamá Cabra dun especial atractivo que seduce a miles de nenos e nenas, e as súas familias.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario