CIRCUÍTO DE HISTORIA DA LINGUA

Todos os anos o Servizo de Normalización Lingüística participa no campamento urbano do Concello da Baña cun circuíto que inclúe probas de lingua. Nesta ocasión, a actividade estivo centrada na historia da lingua dado que o campamento se dedicou á historia e así, a rapazada foi dividida en cinco grupos (preindoeuropeas, celtas, romanas, xermánicas e árabes), que representaban as distintas achegas doutras linguas que foron conformando o noso idioma ao longo do tempo.

A carreira por remudas estivo moi competida e finalmente gañou o grupo das palabras preindoeuropeas seguido das romanas. Cada grupo aprendeu de memoria as palabras correspondentes ao seu equipo e aproveitou, ao principio da actividade, para preguntar o significado daquelas que non coñecían. O verán tamén é un bo momento para acercarse á historia da nosa lingua!

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario