A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega presenciais e en liña, preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Van dirixidos a persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria.
Cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.
As inscricións poderán realizarse ata o 24 de febreiro.
Máis información no DOG do 03.02.2021