Saíu publicado no DOG núm. 30, do 14 de febreiro de 2022, a Resolución do 26 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos en lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
O prazo de inscrición para anotarse, obrigatoriamente a través da plataforma da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vai do 15 de febreiro ao 07 de marzo de 2022.
Os cursos serán impartidos entre o 21 de marzo e o 12 de maio nas modalidades presenciais nas cidades galegas ou de teleformación.