Café con Letras de Antón Fraguas

Este ano, para festexar o Día das Letras Galegas, decidimos facer o mesmo que fixo Fraguas con tanto entusiasmo: achegarnos á cultura popular das cantigas concentrando nunha tarde as regueifas da man do Club de regheifeiras de Barcala, creado por Olalla Liñares o ano pasado, e a elaboración dun mural commemorativo polo alumnado de Silvia Capelo. Resultou unha tarde en que se combinou a tradición, as cantigas, a arte e a creación.

Concello da Baña

Facebook do Concello da Baña

El Correo Gallego

Por outro lado, a Escola de Música Tradicional tamén participou na commemoración deste autor preparando unha peza recollida por Antón Fraguas, na súa terra; trátase da Muiñeira de Sabaxáns.

Concello da Baña

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Andaina literaria das Letras 2019

O pasado 15 de maio, o alumnado e o profesorado do CPI San Vicente participou na Andaina literaria das Letras 2019 e aproveitaron para recitar coplas populares da zona no lugar de  Vesía e para contar contos populares diante da casa de cultura da Baña co fin de homenaxear a Antón Fraguas, autor das Letras Galegas.

A andaina partiu do centro escolar arredor das 10.30 h e continuou polo lugar de Vesía, campo de fútbol de Cartas, Praza do Concello e regreso cara ao colexio por diante do centro médico. No campo de fútbol aproveitaron para merendar e xogar. Foi este un percorrido fácil que incluso o alumnado de infantil foi quen de realizar.

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Negreira gaña a final do Club de Debate

O IES Xulián Magariños de Negreira proclamouse campión da fase final do Club de Debate o pasado 11 de maio de 2019 en Pontevedra.  Moitos parabéns para o alumnado, o profesorado, a preparadora e as familias!!!!

Negreira gana por cuarta vez o Club de Debate

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Comparte en galego pola Letras Galegas

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Contos e música para bebés en Negreira

Contacontos con Cris de Caldas

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=665580373899167&id=100013416306664

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Comparte en galego polo Día do Libro

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

IX Maratón de contacontos en galego na Baña

Xa imos pola novena edición do Maratón de contacontos en galego e iso grazas a todas as familias que se animan a participar narrando os seus contos favoritos. Como sempre, este ano tamén haberá un libro infantil de agasallo para quen colabore co seu contacontos.

A continuación, a ratiña Lilí Gruyère de Lonxedetodo virá visitarnos co seu contacontos teatral á casa de cultura para aprendernos un montón de coñecementos que van espertar a nosa curiosidade.

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Abril de contacontos en Negreira

En Negreira, o 23 de abril de 2019, celebramos un Abril de contacontos con motivo de conmemorar o mes en que se celebran o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro. Anímate a participar compartindo o teu conto preferido co resto das familias de Apego e goza cos Camiños de Magin Blanco, un espectáculo musical cheo de aventuras e misterios.

Facebook do Concello de Negreira

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Contacontos con Vero Rilo en Negreira

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Fase de zona do Club de Debate en Negreira

O Concello de Negreira vai acoller a fase de zona do Club de Debate promovido polos SNL dos concellos o próximo venres, 5 de abril, en horario de mañá e tarde no auditorio do centro sociocultural. Nel vai participar un grupo do IES Xulián Magariños que intervirá no debate núm. 1, ás 10.00 h coa postura en contra e no núm. 6, ás 16.40 h coa postura a favor do tema “Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación”.

A asistencia aos debates é gratuíta ata completar a capacidade do local.

http://concellodenegreira.gal/index.php/gl/novas/nova/1470-fase-de-zona-do-club-de-debate

Parabéns ao equipo do IES Xulián Magariños por pasar á fase final do Club de Debate que terá lugar en Pontevedra o 11 de maio; alí, terán que defender o tema “Falamos a lingua que escollemos”.

http://concellodenegreira.gal/index.php/gl/novas/nova/1479-negreira-pasou-a-gran-final-do-club-de-debate

Publicado en Dinamización | Deja un comentario