Curso de galego para inmigrantes 2021-22

Publicado en Destacados, Formación | Deja un comentario

Cursos de linguaxe administrativa e preparatorios do Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Esta secretaría oferta dúas convocatorias: unha de outubro de 2021 a xaneiro de 2022 e outra de febreiro a maio de 2022 para as que hai que inscribirse respectivamente desde o 1 ao 10 de setembro de 2021 e desde o 4 ao 14 de xaneiro de 2022.

A inscrición debe realizarse telematicamente no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

Pode consultar a convocatoria no DOG núm. 155, do venres, 13 de agosto de 2021.

Publicado en Destacados, Formación | Deja un comentario

Circuíto pola lingua no Camiño de Santiago

Este ano, do Campamento de verán 2021, participaron os Crocodilos e os Moratas no Circuíto pola lingua. Son os dous grupos de maiores e demostraron que saben definir moi ben así como adiviñar palabras relacionadas co Camiño de Santiago, temática deste ano do campamento. Por suposto que tamén realizaron un circuíto deportivo no que se incluía un apartado de lingua; tiñan que colocarlle a unha imaxe dun peregrino as palabras que se utilizan para nomear a súa vestimenta e accesorios necesarios para facer o camiño con comodidade.

Publicado en Destacados, Dinamización | Deja un comentario

Atina coa palabra 17

Publicado en Destacados, Dinamización | Deja un comentario

Festa de Apego da Baña e Negreira

A IV Festa de Apego dos concellos da Baña e de Negreira celébrase este ano na área recreativa de Agra de Chans da Baña con dous espectáculos dirixidos a familias. Comezará ás 17.30 h co espectáculo Picadiscos de Mari Faltri e continuará ás 18.00 h con As andanzas de Paio de Oviravai. Animádevos a participar!

Publicado en Destacados, Dinamización | Deja un comentario

Atina coa palabra 16

Publicado en Destacados, Dinamización | Deja un comentario

Atina coas palabras 11, 12, 13, 14 e 15

Publicado en Destacados, Dinamización | Deja un comentario

Mamá Cabra en Negreira

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Titoán de Fantoches Baj na Baña

Titoán “As aventuras do mozo Castelao”, é un espectáculo de narración oral  no que se lle conta ao público infantil e ou xuvenil a vida de Castelao antes de convertese na figura emblemática que despois foi, empregando como punto de partida a banda deseñada do título TITOÁN de Inacio Vilariño e Iván Suárez que obtivo o premio Castelao 2011. Os anos que se describen da vida de Castelao, son os que van desde o seu nacemento até que acode como médico a veciñanza de Rianxo afectada pola gripe española. As anécdotas desta época están recollidas en relatos de CousasRetrincos.

Publicado en Dinamización | Deja un comentario

Papabuis na Baña

Publicado en Dinamización | Deja un comentario