RESULTADO DE DECLÁRATE CUNHA METÁFORA
O alumnado do CPI San Vicente participou na actividade Declárate cunha metáfora que propuxo o SNL do Concello da Baña e escolleu as tres mellores declaracións.
Estas son as propostas do alumnado de secundaria do CPI San Vicente que tamén aparecen na páxina web do colexio:
Metáforas 4 ESO
Os teus beizos semellan froita no verán ( Silvia)
Cada parte do meu pensamento é teu ( Alicia)
Miña doce cadea que me ata á vida ( Diana)
Miña insaciable ansiedade ( Adriana)
Es o alimento do meu amor ( Julio)
Es o escudo que me protexe ( Sergio)
Es a inspiración nos malos momentos ( Samantha)
Cando estou contigo quixera parar o tempo (Desiree)
Os teu ollos son 2 ríos que rematan no meu corazón (Laura)
A miña vida empeza en ti ( Leti)
Cada minuto que paso contigo é unha nova vida (Martín)
O teu sorriso é o faro que aluma a miña vida (Alex)
Es unha flor en inverno ( Alfonso)
Cando miro para o ceo véxote entre as estrelas ( Daniel)
Es o abrigo que me cobre (Noelia)
Metáforas 3º ESO
Toda a vida intentando chegar á perfección sen saber que chegaría xunto a ti ( Lidia)
A túa risa ilumina a miña vida ( Lorena)
Latexa o meu corazón porque ti es a miña inspiración ( Noel)
O teu sorriso de diamantes cambia o mundo ( Lucía)
Es o amencer dos meus novos días ( Sheila)
Es a candea que me alumea ( Daniela)
O teu olor acende o meu motor ( Dunia)
Aínda que sexas estrela distante nada me impedirá amarte ( Sharon)
O teu corpo sensible é o meu mundo ( Diego)
O teu corpo esvelto foi esculpido por un gran artista ( Alejandro)
As túas mans son xarróns de cristal ( Adrián)
Es o meu chocolate con churros ( Andrea)
Es tan fermosa como a rosa preciosa ( David)
Metáforas 2º ESO
O teu sorriso é un colar de diamantes (Marcos)
Os teus ollos son luceiros ( Noelia)
Ti es a luz que alumea a miña vida ( Gemma)
Mirarche aos ollos é mirar ás estrelas ( Victoria)
Es as pilas do meu corazón ( Elier)
O teu sorriso é unha canción ( Adrián)
Sen ti non hai amencer ( Coraima)
As bágoas da túa cara son diamantes ( Ainhoa)
A túa boca é un mundo exótico ( Alberto)
O teu sorriso cámbiame a vida ( Martín)
Es a luz que purifica o meu corazón ( Denís)
Es a luz que descobre os meus pecados ( Mario)
Os teus alegres ollos son a corrente do mar ( Kevin)
Es o sentido da miña vida (Fran)
Os teus cabelos louros brillan na auga da fonte ( Rubén)
Abríchesme a porta a un campo de rosas ( Carlos)
Sen ti non hai corazón ( Brais)
Metáforas 1º A
Os teus ollos son o mar que me perde cada día ( Celena)
Ti es a mecha que fai estoupar a dinamita do meu interior (Jorge)
Os teus abdominais son doce chocolate(Olalla)
Es a luz que me esperta polo día ( Roxi)
Es o osíxeno dos meus pulmóns ( Elías)
Es a luz que me ilumina ( Nuria)
Es a chispa que ilumina o meu corazón) Borja)
Os teus ollos son auga cristalina de lago azul ( Eros)
Os teus dentes son estrelas que brillan nos teus beizos( Lucía)
Meu peluxiño brandiño ( Eva)
Meu ferro inoxidable ( Xoel)
Es o xersei que me dá calor ( Iván)
METÁFORAS E UN ACRÓSTICO DE S. VALENTíN , 1º B
Contigo as noites fanse día ( Fran Allo)
Aluméasme cos teus ollos ( Brais)
A túa amizade é doce ( José Manuel)
Nos teus ollos vese o mar ( Oscar)
Es loura coma o sol ( Carlos)
Tanto te quero que es todo ( Miguel)
A túa amizade é doce
Mírome nos teus ollos
Ollo neles o mar
Tanto te quero que es todo
Es a metade que me escolle
Como consecuencia da votación entre todo o alumnado, resultaron seleccionadas as seguintes declaracións amorosas:
Toda a vida intentando chegar á perfección sen saber que chegaría xunto a ti (Lidia
Paramos) 3º ESO
Os teus ollos son o mar que me perde cada día (Celena Santana) 1º A ESO
Cando miro para o ceo véxote entre as estrelas (Daniel Pais) 4º ESO
E dúas mencións de honra:
Contigo as miñas noites fanse día (Fran Allo) 1º B ESO
Abríchesme a porta a un campo de rosas (Carlos Paredes) 2º ESO .
Os nenos e as nenas agraciados/as deleitáronse coas súas piruletas xigantes en forma de corazón.