O persoal do Concello da Baña está asistindo ao curso Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez que comezou o 27 de setembro en horario de 13.00 a 15.00 h e que rematará o próximo día 30.
Este curso está incluído dentro da campaña Tes dereitos lingüísticos. Exérceos! que oferta a Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística coa finalidade de potenciar actividades de promoción do idioma galego.
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez pretende:
1. Achegar algúns trucos para pasar a utilizar unha lingua galega máis correcta e fluída.
2. Presentar un breve resumo das normas ortográficas e morfolóxicas do galego.
3. Ofertar ferramentas de apoio.