O SNL do Concello da Baña ofrécelles aos rapaces e rapazas que teñan máis de 12 anos a posibilidade de participar na actividade TIC, deporte e lingua galega.
Días: 4, 5, 7, 8 de outubro
Horario: de 17.00 a 20.00 h
Lugar: pavillón de San Vicente
aula de informática
Para poder participar, quen estea interesado/a debe entregar a folla de inscrición no SNL, na casa do concello, en horario de atención ao público (de 9.00 a 14.00 h).
En caso de dúbida, pode chamar ao teléfono do concello 981 886 501 ou enviar un correo electrónico ao enderezo carme.pereiro@abana.dicoruna.es.