ANUNCIO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DA BAÑA
CURSO DE LINGUA GALEGA (CELGA)
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña vaille solicitar un curso de lingua galega (CELGA) á Secretaría Xeral de Política Lingüística para persoas adultas.
Inscrición
Todas as persoas interesadas poden inscribirse e informarse no teléfono do Concello 981 886 501 no SNL ou a través do correo electrónico snl.abana@gmail.com antes do 24 de febreiro en horario de oficina.
Admisión e prazas
O curso ten un límite de 30 prazas.
As solicitudes serán admitidas por orde de inscrición.
A listaxe de persoas admitidas e excluídas poderán consultala a partir do 24 de febreiro no taboleiro de anuncios do Concello ou na páxina web www.concellodeabana.es .
A Baña, 20 de xaneiro de 2011
O alcalde
José Andrés García Cardeso