Libro 2-3 do Club de Lectura A Baña en Galego

LIBRO 2-3 DO CLUB DE LECTURA A BAÑA EN GALEGO

Autor: Xosé Fernández Ferreiro 
Título: Agosto do 36
Data de lectura:  marzo de 2011
Resumo: Aborda o dramático tema da guerra civil en Galicia. Relata, partindo dun feito real, o “paseo” dunha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.
   
Autor: Marina Mayoral 
Título: Unha árbore, un adeus
Data de lectura:  marzo de 2011
Resumo: “A historia dunha muller que, mentres planta unha árbore, vai evocando, a través do diálogo cun amigo, unha parte do seu pasado. A análise fonda, chea de matices, dunha alma feminina delicada, intelixente e sensible.”

 

As persoas participantes no Club de Lectura A Baña en Galego decidiron escoller como libros para este mes de marzo Agosto do 36 de Xosé Fernández Ferreiro e Unha árbore, un adeus de Marina Mayoral.

Na próxima sesión que será o 6 de abril de 2011 en horario de 16.00 a 17.00 h na biblioteca da casa da cultura compartiremos a nosa opinión sobre os libros e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que non participaron na primeira sesión e que estean interesadas en colaborar nas seguintes poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.