Libro 4 do Club de Lectura A Baña en Galego

Autor: Suso de Toro 
Título: Trece badaladas
Data de lectura:  abril de 2011
Resumo: “Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha produtora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, descobre que o seu texto nunca lle fora entregado ao produtor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima á súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá os mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.Trece badaladas é un relato que arrinca dun antigo acto de rebelión, moi afastado no tempo. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirinto hermético sobre un mar de pedra. Un paseo polos dilemas e as procuras de espiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento. Unha inmensa novela, abovedada de misterio, construída como unha rexa catedral románica.” (Edicións Xerais de Galicia)
   

As persoas participantes no Club de Lectura A Baña en Galego decidiron escoller como libro para este mes de abril Trece badaladas de Suso de Toro.

Na próxima sesión que será o 4 de maio de 2011 en horario de 16.00 a 17.00 h na biblioteca da casa da cultura compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña.

Esta entrada fue publicada en Dinamización. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.