Autor: | Xosé Fernández Ferreiro |
Título: | Millo verde |
Data de lectura: | setembro de 2011 |
Resumo: | “Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Como era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais ¿por que?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno.
Millo verde ten un sorprendente e inesperado desenlace, mais isto non mitiga o drama social que na novela se presenta con toda a crueldade e que marca o fogo e para sempre a vida dos personaxes.” (Edicións Xerais de Galicia) |
Na próxima sesión que será o 5 de outubro de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).