Autor: | Teresa Moure |
Título: | A xeira das árbores |
Data de lectura: | novembro de 2011 |
Resumo: | “Ao longo dun día, Clara, unha muller con tres fillos, tradutora de profesión, debulla a súa andaina vital, as súas ocupacións e os seus desexos. Mentres vai e vén, na ateigada xeira dunha muller do noso tempo, a protagonista reflexiona, nun prolongado monólogo interior, sobre a súa vida e mostra a súa intención de resistirse fronte aos que queren convertela nun tópico.Os puntos de vista dos que se van cruzando con ela ao longo da xornada completan unha visión coral e contribúen a dar valor simbólico a Clara, que é unha muller árbore, desas que crecen enraizadas no chan, ofrecendo as súa pólas aos ventos que sopran: o vento da violencia de xénero, o vento da inestabilidade laboral e das relacións de poder cos superiores ou, sobre todo, o vento da incomunicación entre os seres humanos. Mais tamén, ao acubillo de Clara, coma ao pé de todas as árbores, medran a tenrura, a sensualidade, o amor e os soños.”
(Sotelo Blanco Edicións) |
Na próxima sesión que será o 7 de decembro de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).