Os nenos e as nenas do Concello da Baña teñen a posibilidade de participar na actividade Conto colectivo de Nadal que ofertan o Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Municipal na sala de lectura da casa de cultura en horario de 17.00 a 20.00 h de luns a venres.
CANDO MARTIÑO ESPERTOU A VÉSPERA DE REIS,
Asomouse á ventá do seu cuarto e saudou todo contento o seu amigo Lucas que andaba paseando o seu can Toli.
Mentres, a nai de Martiño chamouno para almorzar. O que Martiño non sabía era que na sala había moitísimos regalos rodeando a árbore de Nadal. Ese día nevaba moito e Martiño cos seus amigos fixo un moneco de nadal. Era xigante! (Gloria Isabel).
Martiño estaba contento porque fixera un boneco moi bonito cos seus amigos. Media hora despois a nai dixo: vide que vos dou un pouco de chocolate. Os nenos dixeron que non porque estaban a facer unha árbore. Cando acabou xa era hora de comer e Lucas dixo: teño tanta fame que comería herba (Oussama).
De tanta fame que tiña só por tragar unha pouca deixou de comer porque non tiña fame. Aquela herba pasoulle ademais e enfermidade que tiña. Polo tanto como algunha vez se dixo, “non é tanto o que é senón o modelo que se persegue e se quere ser” (LU).
Pasados uns días, Martín foi ao parque co seu amigo Lucas. Pero cando chegaron, xa non había neve porque se derretera coa choiva que caera o luns pola noite. Ao día seguinte Martiño foi durmir á casa do seu amigo Lucas. Cando foron deitarse contaron historias de Nadal (Estrela).
E foron os Reis Magos e comeron rosca e podían mollar un vaso de chocolate quente. Tamén tiveron tempo para xogar ás agachadas e cando falaron os Reis Magos déronlle a todos os nenos un paquete cheo de chuches e o ao seu amigo deulle un pouco de chuches e foi á casa e compartimos coa familia.
No rosco que comeron Martiño atopou unha sorpresa e quedou todo contento xa que nunca na súa vida lle tocara nada, aínda que el estaba triste xa que estaba a rematar o Nadal e iso significaba a volta á escola e a facer montóns e montóns de deberes (Anónimo).
Cando Martiño espertou a véspera de Reis, asomouse á ventá do seu cuarto e saudou todo contento o seu primo Alejandro que ia dando un paseo coa súa nai, o seu pai e a súa irmá Ana María, mentres a súa avoa, tío e tía preparaban a mesa e facían a comida. Cando Alejandro chegou á casa alí estaba Martiño co agasallo para Alejandro. (Estrela) .